Do 17 de xullo ao 15 de setembro tedes a oportunidade de visitar no Pazo Torrado de Cambados a miña exposición ARS CORDIS.
Este proxecto, comisariado por Carlos L. Bernárdez e coa maquetación e montaxe de Jose Vaamonde, é unha viaxe polo corazón da alma, xogando coa forza simbólica das cordas como elemento central.
Na miña obra utilizo a técnica da mezzotinta ou gravado á maneira negra, que me permite crear atmosferas cheas de luz, sombra e silencio. Cada peza é un diálogo entre o visible e o oculto, unha reflexión sobre a memoria, o paso do tempo e a condición humana.
Series como Puntos de ruptura, Puntos de melancolía ou Nós forman parte deste percorrido que busca conectar coa emoción e a beleza desde un lugar íntimo e atemporal.
Descargar o Folleto: Folleto Ars Cordis